O Cuarteto Quiroga é hoxe un dos grupos máis sobresaíntes da nova xeración europea, internacionalmente recoñecido pola forte personalidade do seu carácter como grupo e polas súas interpretacións audaces e senlleiras.
Nacido coa vontade de homenaxear a figura do gran violinista galego Manuel Quiroga, o cuarteto é habitual das máis importantes salas e festivais DE MÚSICA DE CÁMARA, 2011-2012 de Europa (Wigmore Hall London, Philarmonie Berlin, Heidelberger Frühling, Concertgebouw, Doelen Rotterdam, Auditorio Nacional Madrid, Nybrokajen Estocolmo, Les Invalides Paris, Auditori Barcelona, etc.), os seus concertos teñen sido gravados e retransmitidos por RNE, RadioFrance, BBC3, Rai, MezzoTv, RadioSueca-P2, SWR2, WDR3, etc. e entre os seus colaboradores habituais en escena, están músicos da talla de Valentin Erben, Vladimir Mendelssohn, Alain Meunier, Javier Perianes, Jeremy Menuhin, Carles Trepat, J.E.Bagaría, Jonathan Brown, David Kadouch, Khatia Buniatishvili, os Cuartetos Ardeo, Doric, Meta4 e un longo etc.
Multiplemente galardoado nos máis importantes concursos internacionais para cuarteto (Bordeaux’07, Borciani’08, Genéve’06, Paris’07) o cuarteto foi distinguido co Premio Ojo Crítico de RNE no 2007 e coa Medalla de Ouro no Palau de Barcelona.
Formado desde os seus inicios con Rainer Schmidt na Escola Raíña Sofía de Madrid, o cuarteto continuou estudos na Musikhochschule Basel con Walter Levin e na ECMA con Hatto Beyerle. Outras influencias importantes teñen sido os mestres Ferenc Rados, András Keller, Johannes Meissl, György Kurtág ou Eberhard Feltz.
Entre os seus proxectos máis recentes cabe salientar a saída do seu primeiro CD, “Statements”, gravado coa discográfica holandesa Cobra (Diverdi), adicadoá música de Haydn, Webern e Sollima. A partir da tempada 2011-12, o Cuarteto Quiroga vai ser grupo residente no Auditorio Miguel Delibes de Valladolid, tomando o relevo do Jerusalem Quartet. 2012 tamén verá o debut norteamericano do cuarteto, que se presentará en Nova York, Washington DC e os Ánxeles.
Fortemente implicados co ensino da música de cámara, son profesores do Curso Internacional de Música de Llanes, responsables da Cátedra de Cuarteto de Cordas do Conservatorio Superior de Aragón e invitados regularmente a Conservatorios e Universidades de todo o Estado e mais á JONDE.
O Cuarteto Quiroga ten a súa residencia na Fundación Museo Cerralbo de Madrid.
Cibrán Sierra e os demais membros do cuarteto desexan expresar a súa gratitude aos herdeiros de Paola Modiano pola súa xenerosa cesión do violín Nicola Amati “Rosé” de 1682.