Desde o seu encontro hai anos, cando eran estudantes de posgrao na prestixiosa Sibelius Academy de Helsinki (onde xuntos compartían adicación activa á música contemporánea),dous dos membros fundadores do Rödberg Trio, Markus e Antti, levan anos compartindo xuntos concertos en festivais e proxectos DE MÚSICA DE CÁMARA, 2011-2012 con repertorios extensos que abranguen desde a época barroca á máis rabiosa actualidade. Cando Markus atopou a Joonas no Festival de Santander de 2003, e tiveron a oportunidade de traballar xuntos, oentusiasmo do traballo compartido fixo nacer neles a idea de incorporar a Joonas a unproxecto de trío xunto con Antti, fundador do A-Quartet e o famoso cuarteto de corda META4co que, por certo, Joonas viña de interpretar o quinteto de Schumann.
E así naceu o Rödberg Trio, cun perfil alto e moi marcado pola súa vontade de buscar novas sonoridades e interpretacións renovadoras do repertorio clásico e romántico, sempre desde unha aproximación historicista e utilizando instrumentos de época. Desde o seu debut no importante Vantaa Music Festival hai dous anos, -que resultou cun acalorado aplauso da crítica e do público- a súa actividade é máis e máis frenética, con aparicións constantes nos mellores festivais e salas de Escandinavia, sempre recollendo éxitos senlleiros e rotundos.