Sen Batuta 2011 | 2012 Idioma
   
   
 
 
IWONA SOBOTKA & DAVID KADOUCH
Sen BatutaSen Batuta

IWONA SOBOTKA, soprano

A carreira da soprano polaca Iwona Sobotka despegou de xeito extraordinario ao gañar o Gran Premio do Concurso Raíña Elizabeth de Bélxica en 2004, posiblemente o concurso máis prestixioso do mundo enteiro.

Galardoada tamén en Nova York (East and West Artist International Auditions), Varsovia (Polish Art Song Competition) e no Concurso Paderrewsky dePolonia, a súa axenda está chea de compromisos en Europa, Xapón e en América. O seu nome é xa habitual de salas coma a Konzerthaus de Viena, oCarnegie Hall de Nova York, o londiniense Wigmore Hall, o Suntory Hall de Toquio, o Auditorio Nacional de Madrid ou a Filharmónica de San Petersburgo.

Iwona Sobotka traballa habitualmente con batutas de renome como Sir Colin Davis, Sir Simon Rattle, Sylvain Cambreling, Gabriel Chmura, ThomasHengelbrock, Jacek Kaspszyk, Jerzy Maksymiuk e Antoni Wit. Canta con orquestras como a Ópera de París, Sinfónica de Viena, Radio de Baviera, City ofBirmingham, Filharmónica de Luxemburgo, a Monnaie de Bruxelas, Fondazione Toscanini, Staatskapelle Weimar, Filharmónica de San Petersburgo e todasas mellores orquestras polacas.

As súas interpretacións de repertorio polaco son xa referencia internacional, en particular as de Karol Szymanowski. A súa gravación coa Radio Polaca eKazimierz Kord en Channel Classics foi contribución fundamental para a integral da obra de Szymanowski. Para EMI classics gravou, con Sir Simon Rattlee a Orquestra de Birmingham as Cancións para unha Princesa de Conto de Fadas. En 2009 fixo unha xira con Piotr Anderszewski con obras do grancompositor polaco, incluíndo concertos no Carnegie Hall e no Wigmore Hall. O seu álbum con cancións de Chopin ten saído recentemente ao mercado dentroda edición das obras completas de Chopin para BeArton.

En 2007-08 fixo o seu debut na Ópera de Paris como Ygraine en Ariane et Barbazul de Dukas. Retornou a París ao ano como primeira dama na Frauta Máxicade Mozart e en Polonia fixo o papel de Zuzia na ópera Verbum Nobile de Moniuszko. O director Hansjörg Schellenberger escolleuna para o rol principal deVespina na ópera de Haydn L'infedeltà delusa.

Recentemete debutou no Schleswig Holstein Musik Festiwal con Halka de Moniuszko e interpretou con grande éxito de público e crítica os Catro ÚltimosLieder de Richard Strauss na mítica Sala Pleyel de Paris coa Orchestre National d´Île-de-France e o director Yoel Levi.

É invitada regularmente ao festival de Mecklenburg-Vorpommern onde gañou o premio do público.

Iwona graduouse na Fryderyk Chopin Academy of Music de Varsovia e continuou os seus estudos co recoñecido artista e pedagogo Tom Krause na EscolaSuperior de Música Raíña Sofía de Madrid.

DAVID KADOUCH, piano

Nacido en Nice (Francia) en 1985, iniciou os seus estudos musicais aos nove anos no Conservatorio daquela cidade con Odile Poisson e continuou a súa formación con Jacques Rouvier no Conservatorio Superior de París. Desde o curso 2003-2004, ingresa na Escola Superior de Música Raíña Sofía, na cátedra de piano do profesor Dimitri Bashkirov, onde prosegue actualmentea súa formación.

Itzhak Perlman fíxase nel e, aos 13 anos, toca baixo a súa dirección no Metropolitan Hall de Nova York. Un ano máis tarde, fai o  seu debut na Sala

Bolshoi do Conservatorio Chaikovski de Moscova. En 2008, interpreta o quinteto de Schumann no MET de Nova York, de novo xunto ao grande violinista. David Kadouch destaca nas academias de Salzburgo e Verbier, onde recibe o premio de honra no 2009. En 2005, termina finalista no concurso Beethovende Bonn e en 2009, no concurso de Leeds. Conságrase como “Artista Revelación Instrumental do Ano” na prestixiosa gala Victoires de la MusiqueClassique 2010.

Ten sido invitado a numerosos festivais, como o Festival de Lucerna, onde tocou dirixido por Pierre Boulez; o Klavier-Festival Rhur, o Festival de La Roqued’Anthéron, a Folle Journée de Toquio, o Festival de Xerusalén, o Festival de Verbier, o Festival de Santander, o Festival de Montreux, os «SommetsMusicaux de Gstaad», a Tonhalle de Zürich e o Louvre de París. Proximamente emprenderá unha serie de xiras por China e Xapón.

Por outra banda, David ten recibido leccións maxistrais de grandes mestres como Murray Perahia, Vitaly Margulis, Maurizio Pollini, Maria-João Pires, Itzhak Perlman, Ellisso Virsaladze e Daniel Barenboim.

En 2005 é seleccionado polo Maestro Barenboim para participar na gravación do DVD « Barenboim on Beethoven », no Symphony Center de Chicago,que saíu á venda en febreiro de 2007. Barenboim ofrécelle a continuación suplir a Murray Perahia en Xerusalén, tocar no programa «Thé ou Café » quea cadea France 2 lle dedica e, máis recentemente, substituír a Lang Lang nun concerto en Ramallah, Palestina. Durante esta gravación, a cadea detelevisión ARTE realizou unha reportaxe sobre David Kadouch para o seu prestixioso programa « Maestro ».

Está presente, asemade, en música de cámara xunto a artistas como o cuarteto Quiroga, o cuarteto Ebène, o cuarteto Ardeo, Radovan Vlatkovic, Frans Helmerson, Nikolaj Snaider, Antoine Tamestit e Renaud Capuçon, entre outros. En xuño de 2007, David Kadouch gravou para NAXOS o Concerto Nº 5 de Beethoven durante un concerto en directo na Filharmónica de Köln, e enxaneiro de 2010, saca con Transart a edición completa dos preludios de Shostakovich.

A tempada 2010-2011 de David Kadouch arrinca no MET de Nova York, seguida por unha serie de concertos coa Orquestra Filharmónica de MonteCarlo,baixo a batuta de Yakov Kreizberg; coa Orquestra Nacional de Lille, dirixido por Jean Claude Casadesus; a Orquestra da Tonhalle de Zurich, dirixida porDavid Zinman co Concerto Emperador de Beethoven; a Orquestra da Fundación Gulbenkian, nunha xira polo Xapón, e concertos en Verbier, Reims eToulouse, entre outros.


Saúdas
Calendario
Programa
Novas
Localidades

 Programa:
Programa 2011/2012 PDF


 Material Didáctico:
Unidades Didácticas

  Intérpretes:
Forma Antiqva
London Haydn String Quartet
ZPR Trío
Quintette Aquilon
A. Meunier, D.Mariño & A. Lebozec
I. Sobotka & D. Kadouch
Rödberg Trío
Hagen Quartett
Cuarteto Quiroga

 
   
(c) Copyright Patricia Joga SL