ZILLIACUSPERSSONRAITINEN TRÍO
O trío de cordas ZilliacusPerssonRaitinen formouse en 1999 e está hoxe considerado un dos máis prezados e activos grupos DE MÚSICA DE CÁMARA, 2011-2012 de Suecia.
Cecilia Zilliacus, violín, Johanna Persson, viola e Kati Raitinen, cello, traballan intensiva e regularmente desde entón nas obras máis emblemáticas dorepertorio clásico para trío. Asemade manteñen unha intensa actividade vencellada a compositores da actualidade, estreando e encargando novas obraspara esta formación.
Desde 2007 o trío leva a coordinación artística da tempada DE MÚSICA DE CÁMARA, 2011-2012 de Estocolmo, que se celebra na emblemática sala de Nybrokajen 11 eno Konserthus da capital sueca.
A tempada ten recibido a visita de figuras senlleiras da escena internacional da música de cámara, como Philippe Graffin, Håvard Gimse, Dan Laurin, SvanteHenryson, Mats Zetterqvist, Cuarteto Quiroga, etc.
Ademais o trío colabora frecuentemente con solistas de prestixio entre os que cabe destacar a Bengt Forsberg, Per Tengstrand, Mikael Helasvuo, KathrynStott, Martti Rousi e Martin Fröst.
O trío é invitado con regularidade a festivais de toda Europa, sendo a súa presenza constante nas mellores programacións da Escandinavia como Bergen(Noruega), Laponia, Junsele, Båstad, Grythyttan, Linköping, Umeå e Växjö (Suecia), Åland, Åbo e Korsholm (Finlandia), e un longo etc.ZilliacusPerssonRaitinen ten sido ademais o grupo invitado en repetidas edicións do tradicional ”Allhelgonakyrkans kammarmusikfestival” de Estocolmo.
No verán de 2004 gravaron a versión que hoxe escoitamos das Variacións Goldberg de J.S. Bach. Este CD da discográfica Caprice foi galardoado cunprestixioso Grammy no 2005. En outono do 2005 a Televisión Estatal Sueca (SVT) produciu un documentario-concerto onde o trío interpretaba esta obrade Bach.A gravación editouse en DVD e foi un éxito de vendas en Suecia.
Outras gravacións a destacar son os tríos de Hermann Berens para Intim Musik (2007) ou o rexistro do gran trío en Mi bemol de Mozart K563, que taménrecibiu un Grammy no 2010.
En proceso de edición está un CD con obras de compositores escandinavos actuais escritas para o trío, como Sven-David Sandström, Fredrik Hedelin ouMirjam Tally.A tempada 2010/11 incluíu concertos en Göteborg, Halmstad, Estocolmo e as principais vilas de Suecia; Helsinqui e Vasa en Finlandia, e actuacións enLondres.
As tres instrumentistas do trío son, individualmente, tres das máis reputadas intérpretes de Suecia. Cecilia Zilliacus ten unha intensa carreira internacionalcomo solista desde que gañara o prestixioso Solistpriset (1997), Johanna Persson é solista da Ópera de Góteborg e do ensemble Gageego! e Kati Raitinené Solista da Real Ópera de Estocolmo.